Na busca dos nomes dos lugares

69

O Concello de Pontevedra acaba de pór en marcha o proxecto "Chamámonos así", incluído dentro do programa Pontevedra Participa! que ten como propósito recoller toda a toponimia do Concello de Pontevedra para dala a coñecer e difundila.

A Concellaría de Normalización comezará os estudos polas parroquias de Verducido, Tomeza, Mourente e Marcón da man de filólogos, historiadores e xeógrafos, que irán casa por casa, falando cos veciños de máis idade para coñecer o nome dos lugares de cada unha das parroquias. Con toda a documentación (nomes, fonética, historia…), farase unha basa de datos que se trasladará á Xunta de Galicia para que acorde oficializala.

A Concellaría confía en recoller entre 1.500 e 2.000 topónimos de cada unha das parroquias.