Comeza a presentación á cidadanía e ao ensino do proxecto de toponimia “Chamámonos así”

48

A Concellaría de Normalización Lingüística presenta nestes días o proxecto “Chamámonos así” de recuperación do toponimia nas parroquias do rural pontevedrés aos centros de ensino e as comunidades de veciños. Hai que lembrar que se farán visitas ao profesorado para explicarlle o proxecto e que lle poidan informar aos seus alumnos. Tamén se farán visitas ao alumnado para que os rapaces coñezan á persoa que percorrerá a parroquia recuperando os nomes dos lugares de cada parroquia.

Dentro desta campaña informativa tamén haberá unha presentación do proxecto para as comunidades de veciños das parroquias.

O concelleiro de Normalización Lingüística, Demetrio Gómez asistirá a todas as reunións e encontros. O programa de visitas é o seguinte:

Visitas a colexios para presentarse ao alumnado:

• Mércores, 6 CEIP Marcón ás 10.00 horas.

Visitas a colexios para presentar o proxecto ao profesorado:

• Martes, 5 CEIP de Cabanas ás 17.30 horas
• Martes, 5 CEIP San Martiño  ás 18.30 horas
• Xoves, 7, Escola de Verducido ás 11.30 horas

Presentación do proxecto ás asociacións e á cidadanía:

• Mércores, 6 Escola de Lusquiños (Tomeza) ás 20.30 horas
• Xoves, 7 Casa do Pobo (Verducido) ás 20.30 horas
• Venres, 8 Antiga Escola de Cabanas (Salcedo)  ás 20.30 horas
• Martes, 12 Casa Parroquial de Marcón ás 20.30 horas
• Mércores, 13 Teleclube Santo André de Xeve ás 20.30 horas
• Xoves, 28 CEIP de Vilaverde de Mourente, ás 20.30 horas.