O Concello aproba a sinatura do contrato con Unipublic para a Volta ciclista a España

82

A Xunta de Goberno aprobou esta mañá a sinatura do contrato coa empresa Unipublic que organiza a Volta Ciclista a España para a celebración da etapa 12º, contrarreloxo, na cidade de Pontevedra. O portavoz do Goberno, Raimundo González destacou o importante revulsivo que a celebración desta etapa terá na cidade de Pontevedra tanto pola repercusión económica, xa que o Concello esixiu cubrir as prazas hoteleiras da cidade durante catro días. E tamén suporá unha importante promoción da cidade dado que a etapa suporá máis de duas horas de directo dende Pontevedra a máis de 150 países.

"Sen dúbida é un feito importante para a cidade en tempos de crise", asegurou Raimundo González.

O contrato é por 80.000 euros, 10.000 euros menos que o pasado ano, "está claro que houbo unha negociación mellor que o pasado ano e tamén pode ser achacado a actual crise", concluía Raimundo González.