O Concello esixe a Fenosa que axilice os traballos en Eduardo Pondal e Virxe do Camiño

50

A Concellaría de Accesibilidade a Mobilidade esixiu esta mañá á empresa Fenosa que axilice as obras que está a realizar nas rúas Eduardo Pondal e Virxe do Camiño, tamén na rúa Estrada, dado que a beirarrúas levan varias semanas en obras e abertas causando importantes molestias aos cidadáns e, especialmente, aos residentes do lugar, así como á entrada e saída de garaxes.
Luís Bará, concelleiro de Accesibilidade, asegura que as obras contan coa preceptiva licencia municipal, pero esto non exime de ter un plan de traballo que evite, no maior posible, as molestias aos cidadáns.
O Concello ten recibido numerosas queixas polo desenvolvemento destes traballos e polas molestias que causan, dado que a obra non se vai tapando a medida que se van soterrando os servizos. Ademais, tamén atravesaron un xardín no cruzamento de Virxe do Camiño con Eduardo Pondal, que esixe que se repoña con urxencia ao seu estado anterior.