O Concello pide a suspensión do novo canon de auga á Xunta

67

A Xunta de Goberno acordou esta mañá solicitar á Xunta de Galicia a suspensión do canon da auga e do coeficiente de verteduras que entrará en vigor no mes de xullo.

Segundo explicou o portavoz do Goberno, esta medida implica unha suba para a tarifa doméstica 170% e o incremento medio por metro cúbico pasa de 0,23 a 0,66 metros cúbicos. "Nestas circunstancias débese aprazar a aplicación e a Xunta ten outros mecanismos para recadar como cobrar a totalidade da auga que consume Ence, no caso de Pontevedra. So aplicando a lexislación actual, poderíase recadar moito máis. Da outra forma, só se está a gravar ás famlias