Concello e Fomento aclaran a construción do desdobramento da avenida de Vigo

71

O Concello de Pontevedra tratará no vindeiro pleno e na Comisión de Infraestruturas da semana que vén a addenda ao convenio de colaboración asinado o Concello de Pontevedra co Ministerio de Fomento en materia de infraestruturas na cidade. Esta addenda aborda, fundamentalmente, a modificación do desdobramento da avenida de Vigo, tal e como informou hoxe o concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera.

Indicou que con respecto ao convenio anterior houbo un cambio de negociación. Acordouse que o Concello fixera o proxecto e se encargada da súa tramitación, e o Ministerio transferiría os cargos, para evitar que o Ministerio (por obriga legal) executara un viario cunhas características moi duras, pensadas só no tráfico, e non planteando unha rúa de cidade.

Este cambio de criterio de carácter político tivo que ser plasmado nunha nova addenda que chegou estes días ao Concello de Pontevedra. Nesta addenda queda claro que o novo titular do viario será o Concello e que o Ministerio fará unha achega de 7.043.863,96 euros, dos cales 2.415.863,96 son para expropiacións. O pago está previsto ata o ano 2015 "un prazo razonable tendo en conta que a obra non se iniciaría ata o vindeiro ano", explicou César Mosquera.

O prazo de consultas da tramitación ambiental xa rematou, segundo expicou o concelleiro, é Pontevedra está  á espera de recibir o documento para facer unha exposición pública e continuar coa tramitación. De feito, César Mosquera asegurou que neste mes e no vindeiro o proxecto tería un avance considerable na súa tramitación, para iniciar as expropiacións.

A addenda do convenio de Fomento tamén actualiza outra actuación do Ministerio, a reurbanización da estrada N-541 (estrada de Ourense). Cun orzamento de case tres millóns de euros, as anualidades esténdese até 2015.