Pontevedra recibe ao embaixador de Xapón

42

"Yo tendría ganas de vivir aquí, en Pontevedra si fuera posible. Me gustaría felicitar a los ciudadanos y a su alcalde por tener una ciudad tan bonita". Desta maneira expresábase o embaixador de Xapón en España, Satoru Satoh, que esta mañá visitou a cidade de Pontevedra acompañado do alcalde,  Miguel Anxo Fernández Lores.

O embaixador de Xapón en España está de visita en Galicia (xa coñece Santiago, Coruña e esta tarde visitará Vigo) para presentarse ás autoridades locais, xa que leva 8 meses no cargo e para estreitar os lazos co país nipón especialmente de cara a unha futura colaboración con motivo da celebración do ano de Xapón en España dado que en 2013-2014 coincide co 400 aniversario do envío da embaixada Keicho a Europa (España e Italia).

O alcalde propúxolle a posibilidade de colaborar co Certame provincial da Camelia, un acto organizado coa Deputación, polo que o alcalde llo trasladaría ao presidente da Deputación para que Xapón poida nesas datas colaborar dalgún xeito neste certame.

O embaixador agradeceu o xesto do alcalde de acompañalo a visitar á cidade. Foi un percorrido polo centro histórico. "Estoy muy sorprendido por su grado de armonía entre la conservación y lo moderno, y esta convivencia para que los ciudadanos puedan vivir mejor en la ciudad", asegurou Satoru Satoh quen non se privou en recoñecer as ganas de vivir na cidade.

Satoru Satoh tamén quixo agradecer a colaboración e apoio co terremoto e posterior tsunami, e durante a crise da central nuclear de Fukushima.

Ver documento PDF