Visitas á Finca de Montero Ríos (Lourizán)

61

Lugar: Finca de Montero Ríos (Lourizán)

Hora: 10 h.

Prezo: de balde, previa inscrición

 

Visitas guiadas por Jaime Blanco-Dios. Ao longo do percorrido poderá visitarse o arboredo de Lourizán creado en 1949 como un centro de investigación pero tamén cun carácter didáctico e recreativo.  Nas 36 ha que ocupa o Xardín Botánico poderán verse algunhas das árbores máis sobresaíntes como buxos de máis de 200 anos, araucarias, sequoias, cedros, etc.

 

Punto de encontro no aparcadoiro da finca (Lourizán). 50 prazas. Máis información e inscricións no teléfono 986 852 271 e en inscricions@pontevedra.eu

Ver documento PDF