Lugar: Xardín Botánico do Centro de Investigación Forestal de Lourizán
Visitas guiadas realizadas por persoal especializado. Ao longo do percorrido poderá visitarse o arboredo de Lourizán creado en 1949 como un centro de investigación pero tamén cun carácter didáctico e recreativo. Nas 36 ha que ocupa o Xardín Botánico poderán verse algunhas das árbores máis sobresaíntes como buxos de máis de 200 anos, araucarias, sequoias, cedros, etc.
50 prazas.
Datas:
2 de xuño, ás 17 h.
10 de xuño, ás 10 h.
28 de outubro, ás 10 h
4 de novembro, ás 10 h
+info e inscrición previa no tel. 986 100 185 ext. 7584.