Mercado solidario dos alumnos de Educación Especial do Príncipe Felipe

53

Alumnos do Centro de Educación Especial Príncipe Felipe instalaron hoxe na praza de Ourense un mercado de produtos artesanais elaborados no marco do seu proxecto educativo "Cooperativa Quincalla". Ao acto asistiron os concelleiros Carlota Román, Carme Fouces e Agustín Fernández, responsables de Promoción Económica, Benestar Social e Educación. Estiveron tamén as docentes responsables do proxecto e o director da Cidade Infantil Príncipe Felipe, José Manuel Fernández.
Carlota Román expediu para ocasión unhas autorizacións provisionais de venda ambulante. Na entrega explicou brevemente as competencias municipais en materia de regulación de feiras e mercados, o valor legal da autorización e a necesidade de presentala diante da Policía Local se así fóra necesario.
Unha patrulla da Policía Local presentouse no lugar e requeriu formalmente a licenza, un acto de control administrativo ao que se lle quixo dar tamén o seu simbolismo dentro deste proxecto educativo cos alumnos de Educación Especial.