O Concello devolve á parada de autobús do Mercado á súa situación orixinal

75

A Concellaría de Centro Histórico e Mobilidade tramitou un contrato menor para o traslado da parada do autobús das liñas que van a Alba, Lérez e Monte Porreiro desde a actual situación na avenida de Bos Aires á zona da avenida do Uruguai/Praza de Valentín García Escudero, no espazo comprendido entre a parcela do Colexio de Arquitectos e a Ponte do Burgo.

Con esta actuación, o Concello responde a unha demanda histórica do comercio da Zona Monumental.

Aproveitando o cambio da parada de autobús, acometerase unha reordenación do estacionamento na zona da avenida de Bos Aires que actualmente ocupa a parada do bus. Está previsto convertila nun espazo de estacionamento de servizos, con parada máxima de 15 minutos. Esta medida busca dar mellores servizos ao comercio da zona e á Praza de Abastos.