Pontevedra acolle este sábado unha proba de Orientación Deportiva para Persoas con Discapacidade

42

No marco do Campionato Galego de Carreiras de Orientación a Pé, que se celebra en Pontevedra esta próxima fin de semana, a Alameda será a sede dun evento especialmente dedicado ás persoas con discapacidade que leva por nome “PONTEaORIENTAR 2012”.  A cita é na tarde do sábado, ás 18.00 horas.
Non se precisa inscrición, polo que basta con recoller a tarxeta de control a partir das 17.00 horas. En principio a proba estará aberta únicamente a persoas con discapacidade. Non obstante, en función da disponibilidade de tempo e mapas poderá participar calquera corredor que queira compartir esta xornada de sensibilización e integración social.
A partir das 20.30 horas, e con presenza do concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, haberá unha cerimonia de entrega de medallas para os tres primeiros clasificados en categoría masculina e as tres primeiras clasificadas en categoría feminina.
O concelleiro e o club A Roelo queren invitar a todas as persoas interesadas en asistir como público, ou mesmo participar, a acercarse a Alameda na tarde deste sábado.
A competición organízase en dúas categorías:

‐PonteTrail 2012: Unha proba de orientación na modalidade de O‐Trail especialmente deseñada para persoas discapacitadas, na que poderán desprazarse por un itinerario sen barreiras e na que a técnica de orientación se impón sobre a velocidade.
‐PonteSprint 2012: Unha proba de orientación na modalidade de Sprint, que se desenvolverá nun espazo moi reducido e na que a precisión xogará un papel fundamental dada a cantidade de balizas que se atoparán no terreo.

GUÍA PARA FACER O PERCORRIDO:


1º-Dirixímonos á saída. O horario de saída non está predefinido, así que podemos achegarnos de xeito ordeado en calquera intre entre as 18:00 e as 19:00h. Alí entregaranos o mapa, a tarxeta de control e anotarán a hora de saída na tarxeta de control.
2º-Hai un tempo límite de 60 minutos para facer o percorrido. O circuíto péchase ás 20:00h.
3º-O circuíto transcurre por un itinerario do que non se pode saír en ningún momento.
4º-Orientamos o mapa coa axuda do compás e dirixímonos polo itinerario sinalado ó primeiro control, indicado no mapa por un círculo e o nº de control.
5º-Chegamos á estaca que marca o punto de decisión ou de visualización. Dende ahí mirámolas tres balizas. Segundo as miramos as balizas noméanse A, B e C de esquerda a direita. Interpretámolo mapa e fixámonos nas referencias máis claras. Intentamos situalo punto de decisión para saber desde qué perspectiva estamos ollando as balizas e así poder decidir cal é a correcta.
6º-Unha vez tomada a decisión teremos que usar a pinza que está colgada da estaca situada no punto de decisión para picar o cadro correspondente da tarxeta de control. Coidaremos de picar no nº e na letra correcta porque non está permitido rectificar.
7º-Miramos o mapa, orientámonos e imos ao seguinte punto de control para realizar o mesmo proceso.
8º-Cando cheguemos ao derradeiro control dirixirémonos á meta para que nos anoten o tempo de chegada.
9º- Por último pasaremos á zona de control cronometrado. Aquí faranos entrega dun fragmento de mapa onde aparece sinalado únicamente ese control. Daránolo xa orientado. Nese intre ponse en funcionamento o cronómetro e pararase cando piquemos coa pinza na nosa tarxeta de control a casiña que consideremos a correcta. Os controladres anotaran na tarxeta de control o tempo empregado na decisión.
10º-RESULTADOS E PENALIZACIÓNS:
-Cada control identificado correctamente, incluído o cronometrado, vale 1 punto.
-No control cronometrado unha resposta correcta entre 0 e 60 segundos vale 1 punto.
Unha resposta equivocada non puntúa e recibe unha penalización de 60 segundos que son engadidos ó tempo empregado en respostar.
Non responder dentro dos 60 segundos non puntúa e recibe unha penalización de 120 segundos.
-A igualdade de puntos os competidores clasifican segundo os seus tempos acumulados.
-Dous ou máis competidores cos mesmos puntos e o mesmo tempo no seu control cronometrado clasifícanse no mesmo lugar deixando vacante o posto seguinte.