“Chamámonos así”

53

 

A Concellaría de Normalización Lingüística presenta o proxecto “Chamámonos así” de recuperación do toponimia nas parroquias do rural pontevedrés aos centros de ensino e as comunidades de veciños. Hai que lembrar que se farán visitas ao profesorado para explicarlle o proxecto e que lle poidan informar aos seus alumnos. Tamén se farán visitas ao alumnado para que os rapaces coñezan á persoa que percorrerá a parroquia recuperando os nomes dos lugares de cada parroquia.

 

Dentro desta campaña informativa tamén haberá unha presentación do proxecto para as comunidades de veciños das parroquias.

 

O concelleiro de Normalización Lingüística, Demetrio Gómez asistirá a todas as reunións e encontros. O programa de visitas é o seguinte:

 

Visitas a colexios para presentarse ao alumnado:

 

  •  Mércores, 6: CEIP Marcón ás 10.00 hora

 

 

Visitas a colexios para presentar o proxecto ao profesorado:

 

  • Martes, 5: CEIP de Cabanas ás 17.30 horas

 

  • Martes, 5: CEIP San Martiño  ás 18.30 horas

 

  • Xoves, 7: Escola de Verducido ás 11.30 horas

 


Presentación do proxecto ás asociacións e á cidadanía:

 

  • Mércores, 6: Escola de Lusquiños (Tomeza) ás 20.30 horas

 

  • Xoves, 7: Casa do Pobo (Verducido) ás 20.30 horas

 

  • Venres, 8: Antiga Escola de Cabanas (Salcedo)  ás 20.30 horas

 

  • Martes, 12: Casa Parroquial de Marcón ás 20.30 horas

 

  • Mércores, 13: Teleclube Santo André de Xeve ás 20.30 horas

 

  • Xoves, 28: CEIP de Vilaverde de Mourente, ás 20.30 horas