Pontevedra acolle á mellor natación sincronizada galega durante esta fin de semana

46

A piscina da Escola Naval Militar de Marín acollerá este próximo sábado o V Trofeo Concello de Pontevedra de Natación Sincronizada. O evento, no que participarán 307 nadadoras de toda Galicia, foi presentado hoxe polo concelleiro de Deportes, Agustín Fernández. Estivo acompañado do presidente do Club de Natación Sincronizada Pontevedra, Jesús Cazorro; a coordinadora, Beatriz Montes e o vocal da área deportiva, Enrique Virel.
Agustín Fernández amosouse encantado de poder acoller este trofeo porque, destacou, a promoción do deporte feminino é un eixe prioritario na política da Concellería. Ademais quixo valorar o traballo que está a realizar este club pontevedrés “con poucos medios e cun esforzo que é digno de recoñecer”.
O concelleiro animou a todos os pontevedreses a asistir á piscina da Escola Naval para presenciar unha oferta deportiva de gran valor estético. A entrada é gratuíta. A competición das máis novas comezará ás 11.30 horas e, xa pola tarde, a partir das 17.00 horas comezarán as nadadoras de nivel competitivo con presenza das mellores de Galicia.
Cazorro subliñou que o nivel da “sincro” galega ten subido moito nos últimos tres o catro anos, cousa que quedou demostrada no recente Campionato de Galicia, no que puido gozar de coreografías de gran calidade. O Club Natación Sincronizada Pontevedra obtivo cinco medallas de ouro nas principais modalidades desta competición. Varias das súas nadadoras participarán en poucas semanas no Campionato de España.
Finalmente, Beatriz Montes explicou que o público que asista a este V Trofeo Concello de Pontevedra poderá presenciar espectaculares coreografías na modalidade de “combo”, na que se misturan diferentes combinacións de grupo. Non haberá competición individual.

Categorías:

– Escola – nadadoras que non superaran a guía 1 en categoría alevín ou a guía 2 en categoría infantil nas probas de aptitude.
Presentaranse rutinas libres de equipo ou combo a partir de catro nadadoras sen límite superior (pero terán penalización de 0,5 por cada nadadora que falte hasta 8) e sen considerar os límites de tempo regulamentarios.
Poderán participar nesta categoría tamén as rutinas de base I.

– Nivel –-nadadoras que superaran os niveis correspondentes para cada categoría según regulamento da federación galega de natación.

Categoría alevín: 12 anos e menores
Categoría  infantil: 13, 14 y 15 anos
Categoría xuvenil: 16, 17 e 18 anos

*Poderán mezclarse categorías pero competirán na máis alta.

Sistema de puntuación:

Puntuarase segundo o regulamento NS17 (excepto en escola que non se terán en conta os tempos das rutinas), por un panel formado por tres xuíces territoriais como mínimo.

Trofeos:

Medalla para todas as participantes.

Trofeo para o mellor equipo de escola I

Trofeo para o mellor equipo de escola II

Trofeo para o mellor combo de escola I

Trofeo para o mellor combo de escola II

Trofeo para o mellor equipo de nivel alevín

Trofeo para o mellor equipo de nivel infantil

Trofeo para o mellor equipo de nivel xuvenil

Trofeo para o mellor combo de nivel alevín

Trofeo para o el mellor combo de nivel infantil

Trofeo para o mellor combo de nivel xuvenil

Clubs participantes:

Club Aguamarina Sincro (A Coruña)
Club Acuatic  (A Coruña)
Escola Obradoiro (A Coruña)
Club Sincro Ferrol
Club Sincro Portamiñá (Lugo)
Club Galaico Sincro (Pontevedra)
Club Sincro Burbullas (A Estrada)
Club Sincronizada Pontevedra
Club Rias Baixas (Vigo)
Real Club Naútico de Vigo

Na sesión de mañá participarán as nadadoras de combo escola I, combo alevín, infantil e xuvenil de nivel. Pola tarde participarán as nadadoras de equipo escola I e II, combo escola II e equipo alevín, infantil e xuvenil de nivel

A participación total é de 307 nadadoras que realizarán 37 rutinas.

Participación do CNS Pontevedra:

Participa cun total de 45 nadadoras repartidas en:

2 combos de escola I
1 equipo de nivel alevin
1 equipo de nivel infantil
1 combo de nivel infantil
1 combo de nivel xuvenil.