As obras de Valentín García Escudero comezarán este ano

77

O Goberno local ten intención de iniciar os traballos de cubrición do conxunto arqueolóxico de Valentín García Escudero no último trimestre do ano. Así o anunciou o concelleiro de Patrimonio Histórico, Luís Bará logo de confirmar a resposta parlamentaria que o Ministerio de Cultura deu á deputada do BNG, Olaia Fernández, na que se explicaba a supresión da subvención de 100.000 euros.
“O Concello terá que asumir parte destes gastos, que tiñan unha contía duns 200.000 euros previstos para a cubrición con area dos achádegos, colocación de xeotextil, céspede…”, explicou Luís Bará quen adiantou que nas vindeiras semanas manterá unha reunión coa Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia para presentarlle o proxecto e recibir a autorización definitiva para o peche do xacemento.
Luís Bará asegurou que o Concello traballa coa idea de que comecen as obras no último trimestre do ano.