Quince bolos amosará a escea musical de Pontevedra nas festas do verán

61

As prazas da Verdura e do Teucro converteránse entre o 30 de xullo e o 3 de agosto, en plenas festas do verán, nun escenario privilexiado para coñecer a música que se fai en Pontevedra. É o proxecto “Quince bolos”, promovido pola Concellaría de Xuventude e no que participarán os grupos locais: La casa de los ingleses, Vortex, Paquebote, Solfabirras, Skirl, All less one, Debuxos reanimados, Meigha, Joe Pereira, Que desilusión, La maldita e PDA. Malkeda actuará o 11 de agosto con Obús e Barón Rojo nos concertos da Peregrina, e The Grave Dolls participará como teloneiro dos concertos das Bandas Tributo.

A programación é a seguinte:
Luns 30

21,30-22,30: La casa de los ingleses

22,30-23,30Vortex


Martes, 31

21,30-22,30 Paquetebote
22,30-23,30 Solfabirras

Mércores, 1

21,30-22,30 Skirl
22,30-23,30 Al less one

Xoves, 2

21,30-22,30 Debuxos reanimados

22,30-23,30 Meigha


Venres, 3

21,30-22,30 Joe Pereira
22,30-23,30 La maldita; Que desilusión
23,30-00,30 PDA
 


O proxecto Quince bolos pretende dar a coñecer os grupos que están presentes na escea local, a maior parte vinculados e nados no Local de ensaio, e que contan cun nivel altísimo de profesionalidade.

Demetrio Gómez, concelleiro desta área, presentou esta mañá aos grupos que participarán nos “Quince bolos” e quixo agradecer a todos os participantes nesta experiencia a súa colaboración “tantos aos que foron escollidos coma aos que non”. Resaltou a altura de miras dos grupos que foron os primeiros en defender a importancia desta oportunidade para dar a coñecer a música que se fai na cidade, foran quenes foran os grupos que representen a esta escea musical.

Quince bolos pretende encher a cidade de música e de festa durante unha hora entre o 30 de xullo e o 3 de agosto, e tamén ser un showcase, unha mostra da música que se fai en Pontevedra. Demetrio Gómez anunciou que farase un esforzo de difusión en medios especializados para que coñezan as creacións que se fan en Pontevedra e se promocionen.