Continúan os roteiros dos Bolechas polo centro histórico

70

O Concello segue a ofrecer as visitas guiadas pola Pontevedra máis vencellada a diferentes persoeiros pontevedreses de relevancia para a lingua galega, co obxecto de ligar o uso do noso idioma aos espazos urbanos da cidade, recuperar e difundir a memoria histórica de Pontevedra inserida no contorno xeral da historia de Galicia e dinamizar os usos orais da lingua galega no ámbito urbano.
O martes 19 de xuño farán o roteiro dos Bolechas un grupo de 40 nenos e nenas de  primeiro curso de educación primaria do CEIP Piñeiro de Vilagarcía, que sairán da praza da Peregrina ás 11.45 horas.
O martes da semana pasada fixeron o roteiro un grupo de 50 escolares do mesmo centro, dentro das actividades da súa viaxe de fin de curso.
Por mor da climatoloxía adversa, ou por outras circunstancias, esta visita podería sufrir modificacións. De ser así, procuraremos mantelos informados.