Contratan a supervisión das atraccións de feira de Santiaguiño e da Peregrina

40

O Concello de Pontevedra acaba de contratar a asistencia técnica para a supervisión das instalacións e a montaxe de atraccións de Feira para as festas de Santiaguiño do Burgo e da Peregrina. Segundo expicou esta mañá o portavoz do Goberno, Raimundo González "o Concello de Pontevedra é o único que fai esta contratación para a supervisión das atraccións de feiras de todas as festas, dado que estamos a falar da seguridade das persoas".

Tamén explicou que Pontevedra é o concello pioneiro na organización destes controis.

A contía da asistencia técnica ascende a 33.140 euros que inclúe as inspeccións e tamén todos os seguros de responsabilidade civi.