A Policía local clausura a Campaña de educación viaria cun acto para o público escolar no Pazo

71

A Policía Local clausurou esta mañá a Campaña de Educación viaria cun acto público celebrado no Pazo da Cultura ao que asistiron alumnos dos centros de ensino que participaron nesta campaña, ademais das autoridades políticas locais presididas polo alcalde Miguel Anxo Fernández Lores.

No acto de clausura que tivo como fio conductor as actividades do grupo Rivel que fixeron gags de globoflexia, estatuas musicais, de bicis, de coches… No transcurso do acto tamén se fixeron entrega dos premios dos distintos concursos que convoca a Policía Local nas distintas ensinanzas.

Os gañadores do concurso de relatos premiado cunha bicicleta por persoa, resultaron gañadores:

Carla Fiel Castro, do CEIP Sagrado Corazón de Placeres
Cristina Garrido Cabello do CEIP San Martiño
Iria Cañera Gallardo do CEIP Doroteas
Laura de los Santos Otero do CEIP Álvarez Limeses
Candela Berdullas Gómez do CEIP Sagrado Corazón de Placeres

No concurso de SMS, premiado cun reproductor MP4, resultaron gañadores:

Lidia Fontenla Castro do Colexio CEIP Campaño,  co SMS: Non confundas o semáforo en vermello, co adorno navideño.
Andrea Martínez Requera do Colexio CEIP Ponte Sampaio, co SMS: Cando sonen as 12 campanadas e comas  as 12 uvas reserva un desexo para a prudencia na estrada ¡ Feliz 2012¡
Alejandro García Gaspar do colexio CEIP Campañó, co SMS: Feliz Nadal. Pon o chaleco para camiñar.
Andrés Alexis Guiance Carbo do Colexio CEIP Placeres, co SMS:  Ola Pablo, escríboche para desexarte unas boas festas en compañía dos teus. Sei que a noiteboa pasarala en Madrid, pois ten coidado na viaxe, fíxate en que todos levedes o cinturón e dille a teu pai que respete os sinais de velocidade. É preferible que cheguedes un pouco tarde, que non chegar nunca. Un forte abrazo.
Clara Terzado Modia do CEIP Ponte Sampaio, co SMS: Os tres reis magos sofren un accidente de tráfico… Sería un Nadal moi triste ¡ APLICATE O CONTO¡ ¡ FELIXES E PRUDENTES FESTAS¡