Dálle Brasa!!!

98

A Concellaría de Xuventude pon en marcha esta fin de semana o programa Ponteverán 2012 coa actividade Dálle brasa que se celebrará nas instalacións do Casino Mercantil de Pontevedra esta fin de semana.

Dálle Brasa forma parte das actividades do programa de lecer e tempo libre "Ponteverán 2012" que organiza cada verán a Concellaría de Xuventude. Propón unha mostra de graffiti a cargo dunha selección dos escritores e escritoras máis representativos da nosa comunidade, completamente de balde e de libre acceso a toda a poboación interesada nesta modalidade artística. Dado que a temática deportiva é o fío condutor do mural da exhibición, simultáneamente desenvolverase un Torneo de Baloncesto.

Escritores convidados:
• Asten + Come + Flecha129 (A Coruña)
• Yoe Brava + El Infame Sniger + Fast Flus (Lugo)
• Garone (Betanzos)
• Nachei + Dusem (Ourense)
• Zonk + Nas (Santiago de Compostela)
• Powone + Sax + Sedo + Noster + Dew + Mou (Vigo)
• O'Ras + Fune + Crawler (Pontevedra)

Colabora o Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra, apoiando a cultura do aerosol e cedendo un espacio de 250 metros cadrados nas súas instalacións deportivas en Mourente.

No seguinte enlace, podes visitar unha pequeña galería con traballos dos escritores e escritoras de graffiti convidados:
<https://docs.google.com/presentation/d/1YC60eJH19NCWbAh8lnsNLdEYIwAgu3XSnO5ptb0L55Q/edit>

Datas: 23 e 24 de Xuño de 2012

PROGRAMA DÍA 23:
• 11 h. – 20 h. Exhibición de Graffiti
• 11,30 h. – 14 h. Torneo 3×3 baloncesto (Inscricións no correo dallebrasa@gmail.com <mailto:dallebrasa@gmail.com>)
• 15,30 h. – 20 h. Torneo 3×3 baloncesto

A actividade enlazará coa celebración de San Xoán nese mesmo lugar.

PROGRAMA DÍA 24:
11 h. – 14 h. Remate Exhibición de Graffiti

En fin, estades convidad@s. Difunde e Participa !!!