A ponte das Correntes aberta ao tráfico

36

O Concello de Pontevedra inaugurou esta fin de semana a ponte das Correntes, unha nova vía de comunicación que permitirá desconxestionar progresivamente a ponte da Barca de dar unha saída directa da cidade cara a autoestrada e a estrada de Vilagarcía.

O acto estivo presidido polo alcalde e o presidente da Xunta, e contou cun gran número de autoridades entre as que estaban a presidenda do Parlamento, o delegado do Goberno, os conselleiros de Infraestruturas e Presidencia, o presidenta da Deputación, o delegado territorial da Xunta para a área de Pontevedra, deputados estatais, autonómicos e provinciais, ademais de moitos membros da Corporación municipal.

Ademais dos descursos das autoridades, o acto estivo anemizado pola actuación dun balet, da Banda de Música de Pontevedra e do Seminiario Permanente de Jazz. Tamén se descubriu unha placa no paso peonil da ponte, baixo a rotonda da avenida de Uruguai.

Un grande número de persoas presenciaron en directo a inauguración ás 17.30 horas, pero ao longo da tarde foron moitos os pontevedreses os que se achegaron até a ponte das Correntes para coñecer a nova ponte da cidade.