Cheo na praia fluvial

43

Coa chegada do bo tempo a praia fluvial do Lérez empeza a ter un uso moi intenso. A Concellaría de Parques e Xardíns contratou o servizo de socorristas dende o 23 de xuño até o 9 de setembro, en xornadas de mañá e tarde, e duplicarase a asistencia nos meses de xullo e agosto.

O portavoz do Goberno, Raimundo González confirmou esta mañá o uso intensivo destas instalacións municipais durante a primeira fin de semana do verán, especialmente durante a tarde.