Contratada a eliminación de barreiras na Ferraría

61

A Xunta de Goberno aprobou hoxe a contratación á empresa E.C.Casas do proxecto de eliminación de barreiras arquitectónicas na contorna da praza da Ferraría por un valor de 175.020,60 euros. Trátase de pór a nivel da praza da Ferraría o Paseo de Odriozola e tamén a rúa que conecta este paseo coa rúa San Román.

O portavoz do Goberno, Raimundo González explicou que as obras non comezarán até o remate das festas do verán, no mes de setembro. Mentres, comezarán traballos de reposición de lousas rotas na propia praza da Ferraría.