Derrubado o muro de Arcebispo Xelmírez

53

Os concelleiros Luís Bará e Carmen Fouces, responsable do mantemento dos espazos urbanos e a delegada do barrio, respectivamente, visitaron esta mañá os traballos de demolición do muro que dividía en dous a rúa Arcebispo Xelmírez, no barrio de Campolongo.

Este muro pertencía á finca onde se edificaron varias vivendas, e correspondíalle ao promotor das mesmas o derrube do muro e a urbanización da rúa. Logo de anos de liortas xudiciais, os residentes de Arcebispo Xelmírez poderán ver cumprida esta vella demanda de eliminar a barreira que fracturaba a rúa, e ver ampliada ata o dobre o actual ancho da rúa.