Salen a concurso os quioscos da Illa e da avenida de Marín

66

A Xunta de Goberno aprobou hoxe a saída a concurso dos quioscos da Illa do Cobo e da avenida de Marín por un canon de 200 euros ao mes. Trátase de dous concursos independentes, segundo explicou o portavoz do Goberno, Raimundo González quen explicou que as empresas adxudicatarias terán a obriga da limpeza do entorno e do mantamento do baño público (no caso de telo) que non será só de uso para clientes, senón para todas as persoas que estando de paso queiran usalo.