Unanimidade para a cesión da N-550

76

A Comisión de Infraestruturas aprobou esta semana por unanimidade a solicitude ao Ministerio de Fomento para a cesión da estrada nacional 550, dende a ponte de Santiago ata a parroquia de Alba (á conexión coa estrada de Vilagarcía).

O concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera explicou que con esta cesión o Concello podería resolver varios problemas nesta estrada como permeabilizar o tránsito peonil de Rafael Areses co avenida de Compostela, resolver problemas de saneamento ao longo da estrada, ou a conexión directa co campus, entre outras cousas.

César Mosquera adiantou que non está previsto cambiar as características desta estrada, é dicir, manterá os seus catro carrís.