Campeonato galego de natación absoluta e xuvenil na piscina de Ponte Muíños

67

A piscina do complexo Rías do Sur, en Ponte Muíños, acollerá esta fin de semanao Campionato Galego absoluto e xuvenil de natación correspondente a temporada de verán. O acto foi presentado na bibliotecado complexo deportivo con presencia do concelleiro de Deportes, Agustín Fernández.

Participarán 24 clubs en busca das mellores marcas e postos na táboa clasificatoria. Un total de 265 nadadores, con clara maioría feminina (141 sobre o total) estarán en Pontevedra. A competición comeza na tarde do venres y continuará o sábado e o domingo en sesións de mañá e tarde.

A olímpica pontevedresa Beatriz Gómez Cortés, xunto con Itziar Aranguren e Manuel Davila son os principais protagonistas desta cita deportiva.

Alfonso Gallego, presidente do Club Natación Galaico, recoñeceu que aspira a facerse co título galego. No apartado masculino lamentou a ausencia, por lesión, de Cristian Fernández.

O concelleiro de Deportes destacou o traballo do club pontevedrés que, insistiu, é un referente non só a nivel galego, senóntamén español. Ao tempo valorou o labor que está a facer na captación de eventos deportivos para a cidade, o que merece o apoio constante da Concellería de Deportes.

No acto de presentación tamén participaron a deputada provincial, Ana Isabel Vázquez; a directora do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, Elena Fernández, e o presidente da Federación Galega de Natación, Carlos Touriño.