Melloras na pasarela de madeira da Xunqueira de Alba

32

 A Concellaría de Medio Ambiente Natural, que dirixe Anxos Riveiro, realizou durante estes días traballos de mellora na estrutura da ponte de madeira na Xunqueira de Alba. Os traballos consistiron no reforzo de varios elementos da estrutura que se atopaban deteriorados.

Dende a Concellaría se estima que este elemento da Xunqueira de Alba aínda non esgotou a súa vida útil, por iso optou por facer unha substitución de varias pezas da pasarela permitindo ampliar a vida útil desta peza fundamental do parque.