NINETY MILES con STEFON HARRIS, NICHOLAS PAYTON e DAVID SANCHEZ. XX FESTIVAL INTERNACIONAL DE JAZZ E BLUES DE PONTEVEDRA

55

Lugar: Praza da Ferraría

Hora: 22:30 h.

Entrada gratuíta

 

Stefon Harris (vibráfono e marimba)
Nicholas Payton (trompeta)
David Sanchez (saxo)
Edward Simon (piano)
Ricky Rodriguez (baixo)
Terreon Gully (bateria)
Mauricio Herrera (percusión
)

 

O proxecto Ninety Miles (a distancia entre Estados Unidos e Cuba) reuniu a músicos dos dous países, e cristalizou na gravación dun magnífico disco, co mesmo título. Nesta xira, contaremos con dous dos tres solistas orixinais. O terceiro, Christian Scott, é substituído por todo un luxo: Nicholas Payton, quen, curiosamente, se converte así no artista máis asiduo deste festival, xa que esta será a súa terceira visita a Pontevedra.