THE BAD PLUS con JOSHUA REDMAN. XX FESTIVAL INTERNACIONAL DE JAZZ E BLUES DE PONTEVEDRA

55

Lugar: Praza da Ferraría

Hora: 22:30 h.

Entrada gratuíta

 

Joshua Redman (saxo)
Ethan Iverson (piano)
Reid Anderson (contrabaixo)
David King (batería
)

 

O prometedor encontro entre quen é cualificado coma mellor saxo tenor do mundo no ámbito do jazz (DownBeat, decembro 2011), e un trío orixinalísimo, absolutamente contemporáneo e ás veces difícil de clasificar. Unha cita obrigada para Redman, que "nos debía" desde que tivo que suspender a súa actuación, pola choiva, na vez anterior que nos visitou en 2007.