Lugar: Praza da Ferraría
Hora: a partir das 17 h.
Un ano máis xa está aquí o Memorial Ricardo Portela que organiza a Asociación de Gaiteiros Galegos en colaboración co Concello de Pontevedra. Nesta edición contamos con moitísimas novidades, como son a nova colocación da mostra de artesanía e os concertos na Praza da Ferrería e pasarrúasao longo de todo o día. Ademais aproveitaremos a ocasión para facer unha ben merecida homenaxe ao emblemático gaiteiro e artesán Xosé Manuel Seivane Rivas.
Programa do 13 de xullo:
> 17 h. X Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais, na Praza da Ferraría, ata as 21:30 h.
> 19:30 h. Pasarrúas dos Folerpas, polas prazas e rúas da cidade.
> 21 h. Actuación do grupo Carapaus, na Praza da Ferraría.