XIII Memorial Ricardo Portela. Homenaxe a Xosé Manuel Seivane

39

Lugar: Praza da Ferraría

Un ano máis xa está aquí o Memorial Ricardo Portela que organiza a Asociación de Gaiteiros Galegos en colaboración co Concello de Pontevedra. Nesta edición contamos con moitísimas novidades, como son a nova colocación da mostra de artesanía e os concertos na Praza da Ferrería e pasarrúasao longo de todo o día.Ademais aproveitaremos a ocasión para facer unha ben merecida homenaxe ao emblemático gaiteiro e artesán Xosé Manuel Seivane Rivas.

 

Programación 14 de xullo:

De 11:30  a 14 h. e de 18 a 21:30 h. X Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais, na Praza da Ferraría.
12 h. Pasarrúas dos Lerenses, polas rúas e prazas da cidade.
19:30 h. Pasarrúas dos grupos Picuíña e dos Enxebres de Cacheiras, polas prazas e rúas da cidade.
21 h. Actuación de Tanto nos Ten (TNT), na Praza da Ferraría.