Outlet do Libro Galego

46

Lugar: Café Moderno

Horario: 11:30 a 14  e de 18 a 21:30 h.

O segundo outlet do Libro Galego terá lugar entre o 21 e o 29 de xullo en Pontevedra, contando coa colaboración do Concello e de dúas librarías da cidade. A iniciativa encrávase dentro da estratexia de promoción e visibilidade dos libros galegos, consistente na organización de espazos singulares de venda de libros a prezos de crise. A actividade representa tamén unha segunda oportunidade para títulos e autores que foron reemprezados polas novidades editoriais e que xa non forman parte dos escaparates e estantes das librarías galegas.

 

A Asociación Galega de Editores considera a organización doutros espazos semellantes noutras vilas e cidades de Galicia, ao longo do ano. As actividades formarán parte do programa tradicional lúdico festivo das localidades implicadas e serán os libreiros os que vendan os libros.

 

Narrativa, ensaio, libro infantil e xuvenil, viaxes, música, gastronomía, deportes, etc.