Lugar: Praza da Pedreira
Hora: 23 h.
Entrada gratuíta
Despois do asasinato do seu pai, Mattie Ross (Hailee Steinfeld), unha rapaza de catorce anos firmemente decidida a facer xustiza, contrata os servizos do veterano axente do Goberno Rooster Cogburn (Jeff Bridges), borracho e excelente pistoleiro. Perseguindo o criminal, chegan ata territorio indio, onde intentan atrapalo coa axuda de LaBoeuf (Matt Damon), un ránger de Texas que busca o fuxitivo polo asasinato dun senador. Nova adaptación dunha novela de Charles Portis, que xa levara ao cine Henry Hathaway (True Grit, 1969) con John Wayne como protagonista.