30 aniversario da constitución do Parlamento de Galicia

39

Lugar: Sexto Edificio do Museo

Inauguración da exposición conmemorativa do 30 aniversario da constitución do Parlamento de Galicia, na zona acristalada do edificio do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra. A exposición foi programada con motivo da conmemoración do trinta aniversario do Lexislativo galego, para recuperar e poñer en valor as orixes da institución e o proceso de configuración do autogoberno da Comunidade Autónoma.