MR. MAGGO NO LICEO MUTANTE

74

Lugar: Liceo Mutante. Rosalía de Castro, 100.

Hora: 21:30 h.

 

Concerto da banda pontevedresa Mr. Magoo. A banda (no sentido máis pexorativo do termo) toma o seu nome en recordo do eminente proctólogo holandés Frederick Wertham Magoo, doutorado polo ilustre Colexio Universitario de Ámsterdam, e recoñecido na súa especialidade por innumerables entidades académicas ao longo e ancho do mundo. De Mr. Magoo (o doutor) nunca deixaremos de aprender cousas, pero se hai un ensino que se chegou a converter en leitmotiv de Mr. Magoo (o conxunto músico-vocal) é, como, non unha das máis célebres sentenzas do vello doutor: "Non se se vos gustará… ", tradución máis ou menos rigorosa do frisón "Verbunden is et ik niet", que en determinados contextos tamén se pode traducir como "Quizais vos doia un pouco" ou Llo vexo moi ben esta mañá. Os temas da banda son adaptacións libres dunha das máis influentes obras do doutor, "Unha vida recta", e con eles tratamos de poñer o noso granito de area na tarefa de perpetuar as súas ensinanzas. Tristemente, Fred Magoo deixounos un aciago 18 de Marzo de 1984 aos 90 anos de idade, nun desafortunado accidente ecuestre. Mr.Magoo están a ser: Alba Magoo, Koldo Magoo, Luis Magoo e Rafa Magoo.