O colexio de Santo André de Xeve estrea peche para evitar a entrada de coellos silvestres

74

Solucionar o problema derivado da entrada de coellos ao recinto do colexio de Santo André de Xeve foi o obxectivo da obra realizada pola Concellería de Educación e que hoxe visitou o seu titular, Agustín Fernández.
A actuación consistiu na construción dun novo peche do recinto escolar. Ergueuse un pequeno muro de formigón, 192 metros de lonxitude, coroado por malla metálica. A obra realizouse cun  orzamento de 14.300 euros.
Agustín Fernández comprobou o resultado e destacou que a mellora realizada vai moito máis alá da competencia municipal de mantemento. A obriga do Concello pasaba pola simple reparación da reixa, pero optouse por unha solución máis ambiciosa erguendo un muro de base para dificultar ao máximo a entrada dos animais.
O concelleiro percorreu o novo peche coa directora, Susana Nieto, e o equipo directivo do centro. No encontro valorouse a posibilidade de reforzar aínda máis a malla metálica.
Unha vez realizada esta obra, Fernández anunciou tamén que porase en contacto coa Consellería de Medio Ambiente para capturar aos coellos que teñen quedado nas tobeiras existentes nalgúns recunchos do recinto escolar.