O novo Local Social da Parda habilita varias estancias de uso veciñal en 450 metros cadrados

81

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a contratación das obras de acondicionamento do novo local social da zona leste da cidade. Trátase dun baixo de titularidade municipal pero de uso municipal de 450 metros cadrados situado entre as rúas San Amaro e Estrada.

O portavoz do Goberno, Raimundo González informou esta mañá da apertura do proceso de contratación e expuso o proxeto. Este baixo estará cubrirá todas as necesidades que ten unha asociación en permanente crecemento como a de Manuel Quiroga, así como do resto de entidades do barrio. Cabe lembrar que o Concello cederá o uso do local para os veciños, pero sempre se reservará a propiedade e a posibilidade de realizar calquera actividade neste local.

O proxecto contempla habilitar as seguintes dependencias:

• Acceso
• Sala multiusos con almacén (99 m2)
• Recepción
• Despacho
• Tres aseos
• Almacén
• Distribuidor
• Dous espazos para xogos infantís con aseo e almacén
• Sala de máquinas
• Salón social (56 m2)
• Sala de estar ou cafetería
• Biblioteca (32 m2)

O orzamento de construcción deste Local social é de 387. 616,32 euros.