Comeza a reposición das lousas da praza da Ferraría

75

O Concello de Pontevedra iniciou esta semana a reposición de lousas da praza da Ferraría, segundo confirmou esta mañá o concelleiro responsable de Patrimonio Histórico, Luís Bará. Os traballos están incluídos dentro do proxecto de mellora da accesibilidade no entorno da Ferraría, que non se executará ata o remate das festas.

Segundo anunciara no seu día o concelleiro Luís Bará, estes traballos de reposición e reparación de lousas está incluído dentro do proxecto da Ferraría, pero implica só a substitución daquelas lousas que estaban rotas ou en mal estado, e resultan perigosas ou dificultan a mobilidade peonil na praza.

Está previsto que estas obras de mantemento rematen nesta mesma semana, xa que para a vindeira comezar a instalación do escenario das festas do verán.

O proxecto de mellora da accesibilidade na praza da Ferraría non comezará ata despois das festas do verán, segundo a previsión da Concellaría de Patrimonio Histórico. Consistirá en colocar a nivel da Ferraría o Paseo Odriozola e a rúa que o conecta coa rúa San Román.

Este proxecto está financiado pola ONCE, o IMSERSO e o Concello de Pontevedra nunha contía duns 180.000 euros.