Mellora das parcelas de estacionamento disuasorio do antigo mercado provisional

66

O Concello inicia mañá os traballos de sostemento da parcela do antigo mercado provisional, na actualidade convertida nun espazo de estacionamento disuasorio. O concelleiro responsable do mantemento dos espazos públicos, Luís Bará explicou que a parcela presenta algunhas fochancas derivadas do uso diario e tamén do paso do inverno, por iso é preciso acometer a súa mellora de cara ao verán e ás festas.

Chegada a esta época do ano, é habitual que o Concello faga unha actuación branda nestas dúas parcelas, coa achega de xabre e nivelación do terreo.

Esta mañá colocouse sinalización advertindo de que os traballos comezarán mañá pola mañá, e rematarán nuns días. Mentres se realizan estes labores non estará autorizado o estacionamento.