Poda das palmeiras de Gutiérrez Mellado

49

O departamento de Parques e Xardíns do Concello iniciou esta mañá a poda das palmeiras da rúa Gutiérrez Mellado, para o que utiliza unha grúa que facilita o traballo dos operarios.

A Concellaría, que xestiona Anxos Riveiro, lembra que poda periódica das árbores urbanas permite acadar un desenvolvemento axeitado dos exemplares; adecuar a árbore ás necesidades de uso do espazo onde se desenvolve; evitar desprendementos de ramas que causasen danos a persoas e bens; evitar o rozamento das ramas con edificios e infraestruturas; impedir que as ramas baixas afecten ao paso de peóns e o tránsito de vehículos; descargar o peso de árbores con risco de caída ou rotura; formar correctamente as copas ou reformar as que necesitan un reequilibrio da súa copa; proporcionar maior beleza ao exemplar e mailo seu contorno; conseguir un maior desenvolvemento das copas das árbores de sombra; e evitar ou minimizar a afección de pragas e enfermidades.