O Concello paga a expropiación da zona verde do Burgo, en Pasaron

70

O Concello de Pontevedra pagou esta mañá as expropiacións dos nove predios da parcela situada a carón do campo municipal de fútbol "Pasarón" por un valor de máis de 1,6 millóns de euros. O concelleiro responsable da área de Patrimonio Municipal, Vicente García Legísima explicou esta mañá que con esta xestión o Concello é propietario dos terreos para poder adecentalos coincidindo co encontro previsto neste campo de fútbol da selección española de fútbol.

Vicente García Legísima lembrou que o proceso demorouse máis do desexado por parte do Concello dado que un dos propietarios recurriu ante o Valedor do Pobo o que obrigou ao Concello a pór a disposición deste propietario unha vivenda lista para residir nela. Aínda que finalmente non foi aceptada polo propietario, este trámite demorou varios meses este proceso de expropiación.