Lugar: Local da AAVV San Roque. Travesía Irmáns Pazos Montes, 2.
Horario: de 16:30 a 21 h.
No local da Asociación de Veciños San Roque podemos admirar esculturas en madeira de Moncho Novas, nas queo artista deixa voar a súa imaxinación, plasmando nas súas figuras elementos oníricos.
Abre a exposición unha man que pretende atrapar entre os seus dedos as mil ideas que ao espectador lle poidan asaltar durante a visión da exposición.