XII Festa do Demo

78

Lugar: Rúas e prazas do casco vello

Hora: a partir das 12:30 h

 

XII Edición da Festa do Demo, na que o Demo e o seu séquito parten dende os Arcos de San Bartolemeu para percorrer as rúas do casco histórico da cidade facendo burlas, xogos e trasnadas aos viandantes que atopen ao seu paso.

 

12:30 h. Saída do Demo e do seu séquito dos Arcos de San Bartolomeu para percorrer as rúas e prazas do centro histórico.

 

20 h. A comitiva do Demo volve a percorrer a cidade facendo burlas, xogos e trasnadas.

 

21 h. Concerto de San Bartolomeu ofrecido pola Banda de Música de Salcedo na praza José Martí.

 

21:30 h. Foliada do Demo con Alvariza e Os Chichisos na Praza do Teucro.