La Oreja de Van Gogh. Concertos da Peregrina 2012

78

Lugar: Praza de España

Hora: 22:30 h

Entrada de balde

 

Concerto do grupo musical orixinario de San Sebastián La Oreja de Van Gogh na Praza de España.

 

A súa traxectoria no mundo da música comezou formalmente en 1996. A banda naceu formada por Pablo Benegas, Álvaro Fuentes, Xabi San Martín, Haritz Garde e Amaia Montero. Esta última, vocalista e compositora do grupo dende os seus inicios, abandonou a banda para comezar a súa carreira como solista en 2007. Dende 2008 pon voz ao grupo Leire Martínez.

 

La Oreja de Van Gogh conseguiu vender máis de oito millóns de discos e converterse no grupo español con maior nivel de vendas na primeira década do século XXI. Ademais, son gañadores de premios tan importantes como o Grammy Latino, os MTV Europa ou a Gaivota de Prata do Festival Internacional da Canción de Viña do Mar.