Banda de Música de Pontevedra. Ciclo Mestre Moldes 2012

36

Lugar: Praza do Teucro

Hora: 21 h

 

Concerto da Banda de Música de Pontevedra. Ciclo Mestre Moldes 2012. "A música de Rafael Taléns". Director Juán Lois Diéguez.

 

A Banda de Música de Pontevedra xurdiu no seo dun grupo de amigos, que con máis ilusión que medios, decidiron crear unha agrupación que quedara extinguida coa guerra civil. A idea sae de D. Antonio Moldes, fillo do director da antiga banda de música D. Antonio e uns cantos músicos máis da cidade decidiron xuntarsea finais da década dos setenta. A Banda non se constituíu oficialmente ata o 22 de novembro de 1980, coincidindo coa celebración de Santa Icía, patroa dos músicos.

 

Daquela as axudas económicas eran realmente escasas, pero pouco a pouco, e grazas ao savoir-faire e á boa acollida por parte da cidadanía, o concello foi incrementando as subvencións á Banda de Música. Grazas a este apoio puidéronse celebrar sucesivos concertos, abertos ao público, tanto na Praza da Ferrería, comona Alameda, en diversas parroquias do municipio, así como en diversos puntos de Galiza, outras Comunidades Autónomas e Portugal. Este bo facer da Banda culminou co recoñecemento no ano 1989 do premio Cidade de Pontevedra.

 

Actualmente a Banda de Música de Pontevedra ten pensado continuar colaborando con novas promesas da dirección en Galicia, así como reafirmar o papel da agrupación como unha aportación e como un nexo e un referente musical no terreo cultural da cidade de Pontevedra.