O Concello apoia a iniciativa cidadá en contra da supresión do Patronato do Museo

59

O Concello de Pontevedra apoia a iniciativa cidadá que impulsa para este xoves, 12 de xullo, un acto público aberto a toda a cidadanía para defender a existencia do padroado do Museo de Pontevedra, que foi derogado polo Goberno provincial da Deputación no seu último pleno. Esta decisión atópase en período de alegacións.

O Goberno local estará representado neste acto ao máis alto nivel. Comezará ás 20.30 horas no Pazo de Mugartegui. E están previstas as intervencións de:

• Xosé Fortes,
• Sabino Torres,
• Bernardo López Abadín,
• Ramón Regueira,
• Teresa Casal,
• Salomé Álvarez,
• Carlos Lino,
• María Xesús López Escudeiro,
• Eloy Artime,
• Fernando Filgueira
• José Luís Fernández Sieira

O Concello de Pontevedra quere apoiar este acto cidadá porque asegura que a supresión do Patronato do Museo de Pontevedra é un atentado á historia, ao patrimonio e á identidade cultural da cidade de Pontevedra, e vai contra os ideais, o traballo e o compromiso de moitas persoas ao longo da historia que crearon o Museo, que lle deron vida e que deron amplitude de miras á cidade grazas a esta inicitiva.  O Concello alerta do perigo de disgregación dos bens da colección do Museo e apunta á responsabilidade do Partido Popular na Deputación, que conta coa complicidade do PP de Pontevedra.