Concerto do Grupo de Música Antiga 1500: Do divino e o mundano. Ciclo de Concertos Noites de música antiga

90

Lugar: Ruínas de San Domingos

Hora: 22 h.

Entrada libre ata completar aforo.

 

IV edición do ciclo de concertos Noites de Música Antiga nas Ruínas de San Domingos que organiza o Museo de Pontevedra en colaboración do Conservatorio de Música Manuel Quiroga de Pontevedra.

 

Coma en anos anteriores, no caso de que as inclemencias do tempo non permitan a celebración dos concertos nas Ruínas, trasladarase esta ao Sexto Edificio do Museo na rúa Padre Amoedo, 3.

Grupo de Música Antiga 1500: Do divino e o mundano. Unha peregrinaxe sonora do século XIII ó XVI. O grupo 1500, dirixido por Andrés Díaz, é unha formación vocal e instrumental dedicada á interpretación da música antiga. O seu repertorio abrangue dende a música composta nos séculos centrais e finais da Idade Media, ata a música do Renacemento e primeiro Barroco, tomando como referente central o ano 1500 que da nome ao grupo. Os e as compoñentes de 1500 contan cunha ampla traxectoria concertística, sendo membros ou colaborando con outras formacións de ámbito nacional e internacional, e teñen ofrecido numerosos concertos en Galicia, España e no resto de Europa.

 

Na interpretación e elaboración dos diferentes programas, o grupo busca o máximo rigor histórico e conceptual, empregando, ademais, un amplo repertorio de instrumentos medievais e renacentistas. Ademais da súa actividade concertística, o grupo de Música Antiga 1500 desenvolve outro tipo de proxectos relacionados coa música, dende a súa concepción e deseño, ata a súa execución: bandas sonoras para audiovisuais e teatro (1500 prestou a banda sonora para a curta Cadea Perpetua ou o documental O Mariscal), concertos, guías e materiais didácticos para as diferentes etapas do ensino, recitais de poesía e música e concertos monográficos de temática específica para diversas conmemoracións. Dende a súa creación, o grupo ten ofrecido numerosos concertos nos máis diversos escenarios como o Festival Espazos Sonoros, a Festa da Istoria de Ribadavia, o Ciclo Músicas na Compañía da USC, Ciclo de órgano de Xunqueira de Ambía, Ciclo da Semana Santa de Foz, Ciclo da Semana Santa de Ourense, Celebración do Centenario de San Rosendo en 2006 na Concatedral do Ferrol, Museo de Belas Artes da Coruña, Ciclo de órgano de Xunqueira de Ambía, Festival Músicas da Itinerancia e numerosos concellos de toda Galicia.

 

Compoñentes:

Belén Bermejo López, voz e organetto

Victor Blanco López , guitarra renacentista e arpa

José Ignacio Castro Lozano, sacabuxa e frautas

Andrés Díaz Pazos (frautas, chirimía e vihuela)

María Giménez, voz e percusión

Roberto Santamarina Fernández, vihuela de arc

Andrés Díaz Pazos, Dirección