iTiNERANTA 2012. FESTIVAL DE ESPECTÁCULOS DE RÚA ITINERANTES

51

Lugar: Prazas e rúas do centro histórico

Hora: a partir das 21 h (ver documentos adxuntos cos itinerarios e programación)

 

De novo, a cidade de Pontevedra, os días 7, 8 e 9 volverá a convertirse nun escenario urbano incomparable, para a celebración da 3ª Edición do Festival de Espectáculos Itinerantes de Rúa.

 

Programa do mércores 8 de agosto:

 

Scura Splats (Valencia): Marcianets 21. Saída ás 21 h. do Teatro Principal


K de Calle (Zaragoza): Rainbow Invaders. Saída ás 21:30 h. da Praza de España


Remue Menage (Francia): Les Fous Volants. Saída ás 22 h. da Praza de Méndez Núñez

 

O Festival Itineranta é o primeiro festival adicado ós espectáculos de rúa. Un verdadeiro espéctaculo de música en directo, circo, animación a cargo dos grupos:

– Troula Animación
– Scura Splats
– K de calle
– Remue-ménage
– Xip Xap

 

As mellores compañías españolas e francesas, mostrarán nas rúas da cidade as máis novedosas propostas das artes escénicas (zancos, malabares, teatro, cabaret, batukada, performance, música en directo, lume, pirotecnia…)

 

A porta do tempo e do espacio abrirase de novo cando cae o sol durante tres días, transformando a cidade nun espacio paralelo, e sorprendendo ós pontevedreses nos recunchos e nas prazas da cidade, con diferentes personaxes saídos do mundo da fantasía.

 

 

Ver documento PDF
Ver documento PDF