Sale á venta o soto do edificio Mirabeles

46

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá sacar á venta o soto do edificio Mirabeles, no barrio da Parda por un valor de 634.000 euros, máis o imposto de transmisións económicas e de actos xurídicos documentados.

Esta venta sairá publicada na DOG, e dende o día da súa publicación os interesados poderán presentar as súas ofertas durante 30 días hábiles. A efectos de estacionamento, presenta 120 prazas fixas ou ben 85 rotatorias.